Os casos de covid baixan en máis do 80% dos concellos de Lugo

Quiroga lidera o descenso semanal, de 92 a 11 positivos, e empeórano 10 municipios
Mapa de los casos activos de la provincia de Lugo.EPaa
photo_camera Mapa dos casos activos na provincia de Lugo.EP

A pandemia de coronavirus continúa a súa evolución positiva na provincia de Lugo, que rexistra unha melloría nos últimos sete días, ao baixar o número de casos en 54 dos 67 concellos, isto é, no 80,6% dos concellos. O número total de infeccións na provincia, que hai unha semana superaba as 1.500 (1.539 en concreto) reduciuse ata situarse na actualidade en 1.075, segundo os datos actualizados da Consellería de Sanidade.

Esta tendencia á baixa percíbese na capital lucense, que pasa de 463 a 405 casos, e en Quiroga, que lidera o descenso de contagios na última semana, ao pasar de 92 a só 11 casos —isto é, 81 menos—. Entre os restantes 52 municipios nos que mellorou a situación epidemiolóxica, destaca a evolución experimentada en Mondoñedo, Vilalba e Monforte, que baixaron en máis de 20 casos (agora rexistran 8, 39 e 83, respectivamente).

Mapa dos casos activos da provincia de Lugo.EP
Mapa dos casos activos da provincia de Lugo.EP

En tres concellos lucenses a situación permanece inalterable en canto ao número de positivos. Destaca neste grupo o caso de Negueira de Muñiz, que leva libre de covid desde principios de maio. A el únense Monterroso, Pedrafita do Cebreiro e Ourol, concellos tamén libres de covid agora.

En canto a Meira, mantense en 10 casos desde o 26 de abril, e O Vicedo lleva dúas semanas con 5 positivos.

Para rematar, en 10 concellos rompe esa tendencia de estabilización ou melloría do coronavirus e crece o número de infeccións. O que suma máis casos é Burela, que pasa de 13 a 37 positivos, isto é, 24 novas infeccións. Nos outros 9 concellos a diferenza de casos con respecto a hai unha semana non supera os 5.

En termos absolutos, os concellos nos que, segundo os datos de Sanidade, hai máis casos activos son Lugo (405), Monforte (83), Vilalba (39), Burela (37) e Sarria (32). No lado oposto, con só un caso están Bóveda, Ribeira de Piquín, Sober e Triacastela.

Infectados por concellos.
Infectados por concellos. EP

Ademais, en 29 dos 67 concellos hai 5 ou menos casos de covid, o que representa o 43,3%.

GALICIA. A nivel Galicia, os casos activos sitúanse en 9.573, que implican case medio milleiro menos tras detectarse 768 contagios. Ademais, o número de pacientes hospitalizados descenden a 602, isto é, 39 menos que os rexistrados no inicio desta semana, segundo os datos actualizados onte por Sanidade, con rexistros ata as 18.00 horas do luns.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete, e só aumenta lixeiramente na de Pontevedra e O Salnés, na que soben a tres os críticos (dous máis), mentres descenden a 66 os doutras unidades (un menos).

UCIS. No caso da área de Lugo, hai un en críticos e baixan a 41 os doutras unidades (sete menos).

Os casos activos seguen en descenso desde o fin de semana pasado e sitúanse en 9.573, que supoñen 493 menos que os rexistrados no inicio desta semana, ao haber máis altas (1.259) que contagios (768), ao que se engaden varios falecementos. O martes 17 de maio había 12.398 infeccións activas.

Galicia suma tres falecementos
As vítimas da pandemia en Galicia ascenden a 3.480, tras notificar o martes Sanidade outros tres falecementos de pacientes con patoloxías previas. En concreto, comunicouse que o sábado morreron dous homes de 87 e 88 anos na área sanitaria de Vigo e unha muller de 93 na de Ferrol. En Lugo, desde o inicio da pandemia, rexistráronse 359 mortes.

Comentarios