Baixan notablemente os contaxios e as aulas pechadas na provincia tras a ponte

Hai 100 alumnos co virus, 22 menos que o pasado venres, e só dúas aulas pechadas
Un bote de gel hidroalcohólico en un aula. EFE
photo_camera Un bote de xel hidroalcohólico nunha aula. EFE

Os alumnos contaxiados con covid-19 e as aulas pechadas na provincia de Lugo descenderon considerablemente durante o ponte da Constitución, ata 100 casos activos (22 menos) e as dúas unidades en corentena (seis menos). O último día que Sanidade ofreceu datos ata este xoves fora o pasado sábado porque non houbo clase nin luns nin martes.

Ademais, con datos recollidos ata este mércores, día de regreso ás aulas, tamén descendeu o número de centros educativos con algún positivo por covid-19, ao pasar de 62 a 58. Entran na lista en Alfoz o CEIP do Castro de Ouro e o IES Alfoz-Valadouro; en Lugo o CPR A Inmaculada e Epapu Albeiros; en Sarria o CPR A Mercé; en Vilalba o CEIP Mato Vizoso e en Viveiro o CPR Landro.

E deixan de ter casos activos a escola infantil de O Saviñao, o IES Perdouro de Burela, o CEIP Xosé Luís Taboada de Carballedo, o CEIP Juan Rei de Lourenzá, o Conservatorio de Danza, a CEE Santa María, CEIP Sagrado Corazón e o CPR Cervantes de Lugo; o Laverde Ruiz de Outeiro de Rei, o colexio Antonio Fernández López deSarria e o CEIP Terra Chá de Vilalba.

Ademais, só quedan dúas aulas pechadas, nas escolas infantís Sagrado Corazón de Lugo e Parruliños de Monforte, respectivamente.

LUGO BO

Os centros educativos e escolas infantís de Galicia contabilizan este xoves 872 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de 59 respecto ao sábado, último día no que o Sergas achegou datos antes da ponte da Inmaculada.

Tamén baixan as aulas pechadas, que son 40 –7 menos que o– sábado e descende nunha as escolas pechadas, de forma que se contabilizan tres escolas: a escola infantil Ludy, de Ferrol; Chiquis, en Pontevedra e Cáritas Tui-Vigo.

Por áreas sanitarias, é a de Vigo a que segue con máis contaxios activos en escolas infantís e centros de educación non universitaria, con 202 casos (25 menos) e con 8 aulas pechadas, tres menos.

Na área A Coruña tamén descenderon os contaxios ata os 191 (22 menos), pero aumentaron as aulas pechadas ata as 13 (dúas máis); mentres que en Santiago os positivos aumentaron ata os 135 (17 máis), con ata 10 aulas en corentena (catro máis).

Pola súa banda, a área de Pontevedra aglutina 124 casos (7 menos) e conta con tres aulas pechadas (tres menos que o sábado).

A área de Ferrol aglutina mantense nos 78 contaxios e suma dúas aulas pechadas (dúas menos); mentres que, para rematar, a área de Ourense é a que conta con menos contagios, que se manteñen en 42, con dúas aulas pechadas (unha máis que o sábado). 

Comentarios