Só quedan dous casos activos de covid vinculados a centros educativos da provincia

Baixan de tres a só unha as aulas pechadas debido ao virus en colexios lucenses
Varios niños en un colegio. EFE
photo_camera Varios niños en un colegio. EFE

Os centros educativos lucenses volveron a rexistrar un descenso dos casos activos de covid-19 con respecto a hai unha semana —a Xunta actualiza os datos os mércores— ao baixar de dez a só dous os infectados na provincia vinculados a colexios (oito menos que hai sete días). Ademais, redúcense tamén as aulas pechadas debido ao virus, que baixan de tres a só unha. 

A tendencia repítese en toda Galicia, onde os contaxiados baixan a 57, que supoñen 12 menos que os 69 de hai unha semana, mentres que as clases clausuradas pola incidencia deste coronavirus na comunidade galega aumentan a seis —unha máis—. 

Gráfico colexios 20 de outubro

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Educación —que facilita de xeito semanal—, con máis casos de covid en traballadores e alumnos de centros educativos mantense a área de A Coruña, con 19, os mesmos que hai unha semana, e segue sen aulas pechadas. 

Séguelle a área de Santiago e Barbanza que pasa de 13 a 11 casos activos, dous menos, mentres que segue cunha clase inoperativa pola incidencia da covid-19. 

A continuación sitúase a área de Vigo, con 10 infeccións activas, que supoñen dúas menos que hai unha semana; e segue cunha clase pechada por este coronavirus. 

Pola súa banda, a área de Pontevedra e O Salnés aumenta a nove os casos activos, que supoñen sete máis que hai unha semana; e conta cunha clase pechada, cando a semana pasada non tiña. 

A área de Ourense rexistra cinco casos activos, oito menos que hai unha semana, e dúas aulas pechadas, unha máis que hai sete días; mentres que a de Lugo reduce a dúas as infeccións, oito menos, e baixa de tres a unha clase pechada —dúas menos—. 

Con menos casos sitúase a área de Ferrol, que rexistra un, mentres que a semana pasada non tiña ningún, e mantense sen clases pechadas pola covid. 

En canto ás escolas infantís de Galicia, por segunda semana non rexistran casos activos deste coronavirus, segundo os datos facilitados este mércores pola Xunta. 

Comentarios