Tres Caracoles: "Traballo o coiro e si, da artesanía pódese vivir, pero hai que facer algo diferente"    

O seu proxecto recibiu axuda de Ruraltivity, lanzadeira de emprendemento rural de Fademur

Ana Isabel Novo. EPEmpezou estudando Técnicas de Volume en Madrid e despois fixo Fotografía, pero cando pensaba que podía estar encamiñada a facer retratos pensou que Lugo estaba moi saturado de fotógrafos e meteuse na artesanía en coiro. Ana Isabel Novo Barreiro comezou a facer complementos en coiro e creou unha empresa, Tres Caracoles, un nome que sacou do libro Notas de cociña de Leonardo da Vinci, onde se conta que o artista italiano tiña unha taberna chamada Los Tres Caracoles.

"O primeiro ano estiven a piques de deixalo pero despois o negocio foi crecendo e agora vivo disto. Vou a feiras e a festivais celtas. Da artesanía pódese vivir pero hai que facer algo diferente", afirma Ana Isabel.

Comentarios