Campos non ve posible un acordo "amigable" con Martínez polas residencias

O alcalde de Becerreá ameazou con acudir aos tribunais se a Deputación non dá marcha atrás

Manuel Martínez con Campos en el último pleno extraordinario. SEBAS SENANDE
photo_camera Manuel Martínez con Campos no último pleno extraordinario. SEBAS SENANDE

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, non ve posible un acordo "amigable" co presidente de Suplusa, Manuel Martínez, no que se refire á xestión das residencias da terceira idade construídas pola institución provincial, porque unha cousa é buscar o "consenso" e outra aceptar "a postura" do alcalde de Becerreá.

A resposta do presidente da Deputación prodúcese despois de que o xoves Manuel Martínez instase o goberno provincial liquidar de forma "amigable" o conflito aberto entre Suplusa e a Deputación pola retirada da encomenda da xestión das residencias da terceira idade, baixo ameaza de acudir aos tribunais se non se dá marcha atrás nesa decisión e se somete á consideración do pleno.

"Depende do que se entenda por amigable. O termo pode indicar que se faga por consenso ou que se acepte a postura de Suplusa, neste caso de Martínez. Se é así, non é amigable", precisou Campos.

Na mesma liña, insistiu en que os informes que avalan a súa decisión "son cada vez máis claros e concisos", polo que o goberno provincial ten "unha folla de ruta" que non vai cambiar", porque "os informes din que esa é a forma de proceder". "Estamos a traballar no regulamento, que está practicamente terminado; na ordenanza fiscal e no plan de viabilidade, que se está contratando", resolveu.

Comentarios