Campos confirma a continuidade de Argelio Fernández na Diputación

Álvaro Santos probablemente manterá a súa praza no goberno provincial

_SEN8006
photo_camera _SEN8006

Malia que aínda está a celebrar as reunións por partidos xudiciais para seleccionar aos deputados que formarán parte da corporación provincial durante o mandato que agora comeza, o presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, confirmou este venres a continuidade do seu vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, e a máis que probable do seu portavoz, Álvaro Santos.

A preguntas dos xornalistas, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno da Deputación, Campos avanzou que o PSdeG xa celebrou as correspondentes reunións para elixir aos deputados provinciais nas comarcas da Mariña e A Fonsagrada.

Él mesmo exercerá como deputado provincial pola Mariña, como alcalde da Pontenova, e incorpórase á corporación a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; mentres que polo Partido Xudicial da Fonsagrada repetirá o actual vicepresidente en funcións da institución, Argelio Fernández Queipo.

En canto ao Partido Xudicial de Lugo, a pesar que aínda non se celebrou a reunión, Campos recoñeceu que a el gustaríalle" que continuase outro dos homes fortes do seu equipo, Álvaro Santos, que ademais de ser o número dous da lista pola capital lucense e portavoz en funcións do goberno provincial, é o secretario xeral do PSdeG nesta provincia.

Por outra banda, Campos confirmou que aínda non estableceu ningún contacto co BNG para negociar a conformación dun goberno bipartito na Deputación, porque prefire que sexan designados primeiro os deputados provinciais do Partido Socialista antes de iniciar as conversacións.

Comentarios