viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Caballero visita Lugo convencido que a militancia "non quere retroceder"

Caballero, na súa visita á delegación socialista en Vilaba.EP
Caballero, na súa visita á delegación socialista en Vilalba.EP
O líder socialista defendeu en Guitiriz e Vilalba que erixe o seu proxecto para o PSdeG en "gañador"

O aspirante a revalidar a Secretaría xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que afronta as primarias "coa forza da militancia que quere avanzar e non retroceder" e subliñou que o seu proxecto é "gañador para a Galicia poscovid". 

Gonzalo Caballero desprazouse este xoves á provincia de Lugo para continuar cos seus encontros coa militancia, con reunións en Guitiriz e Vilalba.

Nos encontros, dos que informou a súa candidatura nun comunicado, Gonzalo Caballero asegurou que este é un proxecto gañador para a Galicia poscovid" e que está a impulsar coa "forza da militancia que quere seguir avanzando e non retroceder".

Neste sentido, o dirixente socialista avanzou que os novos equipos de dirección combinarán "renovación e integración" para ofrecer a Galicia "a mellor alternativa" de goberno e para "volver afrontar con éxito as locais e xenerais de 2023".Son, como sinalou Gonzalo Caballero, os próximos retos electorais que ten por diante o PSdeG, polo que defendeu un partido "forte" e que poida volver obter "resultados históricos" como os de 2019. 

Caballero visita Lugo convencido que a militancia "non quere...
comentarios