A borrasca Efraín deixa preto de 300 incidencias por vento e choiva en Galicia

Houbo precipitacións de máis de 60 litros e refachos de 147 quilómetros por hora. Monforte e Monterroso rexistraron pequenas inundacións
Inundaciones en Vilagarcía. DP
photo_camera Inundaciones en Vilagarcía. DP

O 112 Galicia contabilizou este luns un total de 262 incidencias relacionadas coa borrasca Efraín, que deixou choivas de máis de 60 litros por metro cadrado que provocaron inundacións, e fortes ventos, con refachos que chegaron a ser de 147 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras. En todo caso, ningunha destas intervencións representou "unha situación grave para as persoas", segundo explicou a central de urxencias.

A maioría das incidencias estiveron relacionadas coa caída de árbores, ramas e outros obstáculos, como restos de accidentes ou algunha bolsa de auga que puideron provocar alteracións na circulación nas vías de Pontevedra e Ourense, fundamentalmente.

Estrada alagada en Pontevedra este luns. GONZALO GARCÍA
Estrada alagada en Pontevedra este luns. GONZALO GARCÍA

A provincia de Pontevedra foi a máis afectada, sobre todo polas fortes choivas, e en Lugo, aínda que houbo moitas precipitacións e vento, non se rexistraron incidentes notables. A excepción foi Monforte, onde traballadores dunha clínica de diálese solicitaron axuda ao comezar a alagarse as instalacións. O problema estaba nun rexistro da rede de saneamento interior da clínica, segundo sinalaron os bombeiros, que o desatascaron.

O forte vento obrigou a suspender voos no aeroporto vigués de Peinador e a desviar outros a Compostela

O GES de Monterroso tivo que atender tamén varias urxencias relacionadas co temporal, sobre todo á primeira hora da mañá. En cálea Doutor Pereiras Espiño, da localidade monterrosina, as fortes choivas provocaron unha inundación nun dos baixos, xerando danos no local. Ademais, durante toda a mañá os efectivos tiveron que desatascar os sumidoiros ao paso da N-640 pola localidade.

En Galicia, as precipitacións máis abundantes rexistráronse en Lousame, na Coruña con 67,7 litros por metro cadrados, mentres en Pontevedra alcanzáronse os 66 litros en Tui e 64 nas localidades ourensás de Avión e Entrimo.

Balsas de auga no Ceao. EP
Balsas de auga no Ceao. EP

Na provincia de Pontevedra, un dos puntos onde se produciron máis incidencias debido ás precipitacións foi Vilagarcía de Arousa, onde houbo danos na escola infantil e alagáronse varias vías e houbo que cortar outras ao tráfico, o que tamén sucedeu en Cea, polo desprendemento dun muro. Tamén se rexistraron inundacións en Caldas e en Cuntis, así como en Ribeira. Nesta localidade coruñesa, alagouse un centro escolar situado na parroquia de Carreira.

Comentarios