Bombeiros forestais de Lugo denuncian as "precarias condicións" deste verán

Apuntan que tiveron que facer xornadas maratonianas" durante a extinción dos incendios do Courel e exceso de traballo nocturno
Lucha contra las llamas en O Courel. PIRO
photo_camera Lucha contra las llamas en O Courel. PIRO

O Comité de Empresa da Consellería de Medio Rural en Lugo denunciou as "precarias condicións de traballo ás que se viron sometidos os bombeiros forestais durante esta campaña de incendios en Galicia", que calcinou 13.566 hectáreas O Courel 180 hectáreas en Palas de Rei, entre outras zonas.

Mediante un comunicado, o comité -no que teñen representación CC.OO, CIG, CSIF e UXT- asegura que os "traballadores viviron situacións de extremo perigo, agravada polas precarias condicións de traballo ás que ven sometidos ano tras ano".

Nese sentido, critica a "elevadísima taxa de temporalidade", dado que "máis dun 60 % do persoal de bombeiros forestais está formada por traballadores temporais", así como que se realizasen "xornadas maratonianas de traballo", superiores a "doce horas seguidas na extinción" dos lumes.

O comité di que houbo bombeiros que traballaron entre "18 e 20 horas diarias".

Tamén lamenta "o traballo nocturno con exceso de horario" ou a non "cobertura de prazas vacantes por xubilación".

Por outra banda, a representación sindical reprocha que non se compensase economicamente aos traballadores o exceso de horas traballadas ou que se recortasen dereitos.

O comité reclama a apertura dunha mesa de negociación coa Consellería do Medio Rural para expor "todas estas deficiencias" e elaborar un novo regulamento que determine as condicións de traballo.

Comentarios