Os bombeiros do Consorcio provincial reciben a primeira dose da vacina

Un total de 117 profesionais que pertencen aos seis parques son vacinados nos hospitais de referencia da súa comarca
Varias dosis de una de las vacunas contra el coronavirus. ARCHIVO
photo_camera Varias dosis de una de las vacunas contra el coronavirus. ARCHIVO

Os efectivos dos seis parques comarcais que xestiona o Consorcio Provincial de Bombeiros reciben dende este lunes e ata o mércores a primeira dose da vacina fronte á Covid-19. Serán vacinados os 117 profesionais que forman o plantel.

Está previsto que os efectivos sexan vacinados nos hospitais de referencia da comarca do seu parque e que reciban a segunda dose en 12 semanas, completando o proceso de vacinación fronte ao coronavirus durante o mes de maio. 

O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro. Actualmente dispón de 117 efectivos.

Comentarios