lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

O BNG reafírmase en facilitar gobernos alternativos ao PP, tamén na Deputación de Lugo

Eva Vilaverde. JAVIER CERVERA
Eva Vilaverde. JAVIER CERVERA

A coordinadora de Política Municipal do Bloque, Eva Vilaverde, asegura que a súa formación non facilitará o poder aos populares

O BNG reafirmouse este luns na súa postura de non permitir a formación de gobernos do Partido Popular, polo que recalcou que a Deputación de Lugo "non será ningunha excepción" a este criterio e, previsiblemente, apoiará a investidura do candidato do PSOE.

Deste xeito responde a coordinadora de Política Municipal do Bloque, Eva Vilaverde, ao escrito remitido polos populares de Lugo no que solicitaban que lles deixasen gobernar o ente provincial por ser a primeira forza.

Con todo, a través dun comunicado, o BNG asevera que "nin por activa nin por pasiva" permitirá que goberne o PP "en ningún concello ou deputación provincial cando exista unha opción alternativa, sempre en clave de país e de progreso".

E é que, tal e como asegura Vilaverde, o proxecto político dos nacionalistas para as corporacións provinciais "está nas antípodas do que propugna o PP", cuxo modelo "é o que pon en práctica en Ourense", evidencia.

En calquera caso, o BNG invita aos populares a colaborar "para sacar adiante" na Deputación de Lugo "todas aquelas cuestións que redunden en beneficio da veciñanza e dos concellos de toda a provincia".

O BNG reafírmase en facilitar gobernos alternativos ao PP, tamén na...
Comentarios