O BNG promove unha campaña para reclamar melloras en infraestruturas viarias en Lugo

O partido nacionalista urxen ao Ministerio de Transportes a levar a cabo actuacións para mellorar o firme das estradas na provincia
Campaña del BNG en demanda de mejoras en infraestructuras viarias en la provincia de Lugo. BNG
photo_camera Campaña del BNG en demanda de mejoras en infraestructuras viarias en la provincia de Lugo. BNG

O BNG de Lugo iniciou unha nova campaña para reclamar o arranxo de strong <>estradas estatais, baixo a lema Arranxo xa das nosas estradas

Faio ao considerar que se trata de infraestruturas "esenciais e estratéxicas para o desenvolvemento social e económico das comarcas de Lugo centro e Lugo sur". 

Respecto diso, afirma que "a situación actual de abandono de estradas e autovías como a A-6 ou as N-VIN, N-540, N-640 e N-120 pon en perigo a seguridade das persoas que transitan por elas de forma diaria". Por iso, urxe ao Ministerio de Transportes a levar a cabo actuacións para mellorar o firme e un "adecuado mantemento".

Acompañados polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cargos institucionais do BNG nos concellos afectados -Taboada, Lugo, Guntín, Castro de Rei e Monterroso-, así como de cargos orgánicos e militantes, presentaron esta campaña, baseada en actos e recollida de firmas. 

Rego denunciou o "estado de abandono" destas infraestruturas, das que afirmou que "necesitan actuacións urxentes" dado, ademais, a circulación diaria polas mesmas. 

Comentarios