sábado. 17.08.2019 |
El tiempo
sábado. 17.08.2019
El tiempo

O BNG agarda que o PSOE "leve a iniciativa" para negociar na Deputación

Efrén Castro (centro), diputado provincial por el BNG. EP
Efrén Castro (centro), diputado provincial por el BNG. EP

Ambas formacións deben chegar a un acordo antes do 18 de xullo se queren gobernar a Deputación de Lugo

O futuro deputado provincial do BNG, Efrén Castro, confirmou que o partido nacionalista e o PSdeG-PSOE aínda non comezaron negociar para constituír un goberno de coalición na Deputación de Lugo. Ambos partidos deben sumar os seus deputados na corporación provincial, trece en total —tres do BNG e dez do PSdeG—, para contar con maioría absoluta no pleno da Deputación e evitar que goberne o Partido Popular, que ten doce representantes.

En todo caso, asegurou que no BNG están á espera de que sexan os socialistas os que dean o primeiro paso e "leven a iniciativa" na procura dun acordo de goberno, co obxectivo de investir ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, como novo presidente da institución provincial. Recoñeceu que si houbo contactos por parte das executivas nacionais, malia que "non entraron en detalles concretos da Deputación de Lugo", senón que trataron as "liñas xerais do conxunto das deputacións". No tocante ás condicións que porán os nacionalistas sobre a mesa para alcanzar ese acordo, dixo que o BNG pedirá "que se constitúa unha deputación democrática, equitativa e cunha repartición de fondos transparente".

Por outra banda, Castro aclarou que neste momento os prazos están claros para completar as negociacións e que a data límite é o 18 de xullo, día elixido para celebrar o pleno de constitución da corporación provincial.

O BNG agarda que o PSOE "leve a iniciativa" para negociar na...
Comentarios