Os beneficiarios dos Bonos Impulso recibiranos a partir deste luns

A entrega farase por orde de inscrición, nos seus domicilios, e ata o 15 de xullo pódense seguir solicitando
undefined
photo_camera Dispositivo de entrega. EP

A Deputación inicia este luns a repartición a domicilio dos Bonos Impulso. O presidente da entidade provincial, José Tomé, supervisou, xunto á deputada de réxime interior, Pilar García Porto, e o deputado de promoción económica, Pablo Rivera Capón, o dispositivo de entrega, do que se encargará unha empresa lucense.

A previsión é que desde este luns empecen a recibir estes descontos nos seus domicilios os 7.500 veciños da provincia que xa se inscribiron, aínda que desde a Deputación recórdase que, quen aínda non o fixeron, poden solicitar estes bonos ata o 15 de xullo.

Este trámite pódese realizar a través da páxina web a entidade ou de forma presencial, presentando a documentación necesaria nas oficinas de Rexistro.

Esta iniciativa, coa que se pretende impulsar a economía da provincia, consiste na entrega de bonos de 30 euros de desconto para realizar compras dun mínimo de 60. Pódense utilizar en calquera tipo de comercio ou negocio de hostalería, excepto para comprar bebidas alcohólicas, tabaco ou loterías.

''Esta acción, que forma parte do plan Impulso da economía da provincia, chega nun moi bo momento de estímulo do consumo ao coincidir coas rebaixas'', explicou José Tomé, quen tamén sinalou que con estes descontos ''mobilizaranse en total máis de 1,5 millóns de euros nos sectores máis afectados pola crise sanitaria''.

A Deputación fai a repartición destes bonos dunha obxectiva entre todos os concellos. Para iso tense en conta a poboación, o número de persoas en situación de desemprego e o número de empresas dadas de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas).

En base a todo iso, a Deputación establece un mínimo de vinte bonos para os municipios máis pequenos e un máximo de 5.000 para os máis grandes. é por iso que cada beneficiario só poderá utilizar os seus descontos nos establecementos adheridos do concello no que reside.

Comentarios