Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Barreiro instará ao Goberno a que cumpra os prazos sobre a chegada do Ave a Lugo

A futura estación Porta de Galicia. AEP
A futura estación Porta de Galicia. AEP

O viceportavoz do PP no Senado adiantou que exporá na Cámara Alta "toda unha serie de iniciativas" para seguir "esixindo" eses "compromisos"

O exportavoz do PP no Senado e agora viceportavoz, José Manuel Barreiro, presentará unha batería de iniciativas no mes de setembro para instar o Goberno socialista a que cumpra cos compromisos e os prazos sobre a chegada do Ave a Lugo e ao resto da comunidade.

O senador lucense ha sinalado que antes "había unha reivindicación continúa en canto a infraestruturas viarias e Ave por parte dos socialistas, incluso cuestionando os prazos que o Goberno de Mariano Rajoy establecera para a chegada da alta velocidade a Galicia e a Lugo". "Nós defendemos eses compromisos", subliñou. 

Así, adiantou que exporá na Cámara Alta "toda unha serie de iniciativas" para seguir "esixindo" eses compromisos "que Lugo tiña en materia de seguridade, de alta velocidade, en materia tamén de infraestruturas viarias". 

"Non imos permitir que o Goberno socialista desvíe a súa atención para os compromisos fixados para a provincia polo anterior Goberno de Rajoy", insistiu. 

Barreiro: Non imos permitir que o Goberno socialista desvíe a súa atención para os compromisos fixados para a provincia polo anterior Goberno de Rajo

Barreiro apelou a que o PP ten "maioría absoluta" no Senado e ameazou con aplicar "esa maioría absoluta" e "esa forza" para que se cumpran os compromisos establecidos e recogidosen os orzamentos que elaborou o anterior Executivo. 

O viceportavoz popular asegurou que é "un compromisoirrenunciable", eses prazos que se sinalaron para a entrada do Ave en Galicia, a finais de 2019, e en Lugo, en 2020. "É un compromiso irrenunciable, tanto por parte do Goberno de Rajoy como por parte do Goberno de Feijóo que en reiteradas ocasións esixiu ese compromiso tanto ao anterior goberno de Rajoy como agora con Sánchez", argumentou. 

É por iso que finalmente Barreiro reitera continuará "esixindo ese compromiso, que estaba garantido por parte do Goberno de Rajoy e que tiña datas establecidas". "Esas datas (sobre Ave) son as que nós imos demandar que se sigan cumprindo", resolveu. 

Barreiro instará ao Goberno a que cumpra os prazos sobre a chegada...
Comentarios