sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

O Banco Santander pechará unha oficina en Mondoñedo e outra na Fonsagrada

Una oficina del Santander. AEP
Una oficina del Santander. AEP

Son dúas das 19 sucursais das que prescindirá a entidade na provincia de Lugo entre setembro e novembro

O Banco Santander pechará unha oficina en Mondoñedo e outra na Fonsagrada. Estas son dúas das 19 sucursais das que prescindirá a entidade financeira na provincia de Lugo entre os próximos meses de setembro e novembro.

A oficina que pechará en Mondoñedo, segundo deron a coñecer este mércores fontes sindicais, é a que se atopa na céntrica Rúa Progreso. A entidade que preside Ana Botín manterá a da rúa Andrés Baamonde, que antes pertencía ao Banco Pastor.

Na Fonsagrada non transcendeu cal das dúas botará a chave, se a da Avenida Galicia ou a da Avenida Asturias, que formaba parte da rede do Banco Pastor, antes da absorción do Grupo Popular polo Santander.

As localizacións das outras 17 sucursais que pecharán na provincia de Lugo iranse coñecendo paulatinamente nas próximas semanas.

Un dos criterios que imperará será o solapamento de sucursais na mesma localidade. No caso de que haxa dúas, decidirase en función de tamaño, situación e se o local no que se atopa é alugado ou en propiedade.

O Banco Santander ten previsto pechar antes de final de ano, tras a volta do verán, unhas 1.150 oficinas en toda España, 135 delas en Galicia —un terzo das que ten nesta comunidade autónoma—.

Esa drástica reestruturación carrexará despedimentos. En Galicia estímase que poden ser uns 271 dos 3.223 que efectuará en todo o Estado. Con todo, a súa repartición xeográfica irá en función dos traballadores que se somen voluntariamente ao Ere de extinción de contratos presentado. Segundo fontes sindicais, xa se acolleron máis empregados do número de baixas que levará a cabo o Banco Santander.

O Banco Santander pechará unha oficina en Mondoñedo e outra na...
Comentarios