viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Baixan os accidentes de tráfico en Lugo e as vítimas mortais

Un aparatoso sinistro en Vilalba saldouse este fin de semana cun ferido leve. TRÁFICO
Un aparatoso sinistro en Vilalba saldouse este fin de semana cun ferido leve. TRÁFICO
O ano pasado faleceron 19 persoas en estradas da provincia

A cifra de accidente de tráfico descendeu na provincia de Lugo, así como as vítimas mortais en sinistros, ao pasar de 22 mortos en 2018 a 19 o pasado ano.  A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou este mércores á Garda Civil de Tráfico da provincia "porque permitiron reducir as cifras de vítimas o ano pasado". 

Así, puntualizou que o "balance de vítimas en 2019 foi de 19 falecidos, 17 en vías interurbanas e dúas en vías urbanas, con 73 feridos hospitalizados e 561 que non precisaron hospitalización". 

O total de accidentes situouse en 451, "cando o ano anterior (2018) rexistráronse 532 accidentes con 22 falecidos, 79 feridos hospitalizados e 697 non hospitalizados". 

rolda de prensaEstes datos foron destacados durante a presentación, no Concello de Lugo, das novas localizacións para sacar o carné de conducir a cidade, onde tamén incidiron en que na provincia son 216.000 persoas as que contan "con autorización administrativa" para guiar vehículos. 

A rolda de prensa, na que tamén participou o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, estivo presidida pola alcaldesa da cidade, Lara Méndez, quen se se encargou de precisar que esas novas localizacións situaranse na zona de Garabolos, na Avenida Paulo Flavio Máximo, e nas inmediacións da Escola Superior de Arte e Deseño. 

Méndez xustificou estes cambios "para dar seguridade" nas probas prácticas que se realizan para expedir o carné de conducir. Segundo comentou, o ano pasado máis de 4.000 persoas examináronse do mesmo na cidade, dos 6.000 na provincia. 

Baixan os accidentes de tráfico en Lugo e as vítimas mortais
comentarios