jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Un adeus otoñal sen tregua na provincia

Inundación en Triabá, en Castro de Rei. EP
Inundación en Triabá, en Castro de Rei. EP
A neve dificultou nas zonas altas a actividade escolar e a circulación viaria, nunha xornada de transición cara a outra borrasca que ameaza con complicar aínda máis as comunicacións nun territorio con moitas áreas aínda alagadas

O outono non dá tregua en Lugo e, a catro días de que dea paso ao inverno, o mal tempo volveu complicar este luns o día a día en vésperas dunha xornada, a deste mércores, na que se esperan fortes precipitacións cando os ríos están xa a lume de biqueira de caudal e aínda hai moitas zonas alagadas.

Ao escenario que persistía de viarios con restricións pola auga embalsada ou por derrubes, sobre todo en Terra Chá, A Montaña e a comarca de Sarria, sumouse a aparición da neve, que nas zonas altas dificultou o tráfico. Houbo catro centros afectados (CPI de Cervantes, Pedrafita e O Courel e Ceip de Samos) ao suspenderse varias rutas de bus escolar.

Foto: O Cebreiro cuberto de neve - Eliseo Trigo (EFE)

Tamén houbo dificultades no tráfico ferroviario, xa que caeu unha trincheira de contención entre A Pobra do Brollón e San Clodio. Ese contratempo obrigou a deter nesa última parada ao Intercity que viña de Bilbao, que renovou a marcha cunha hora de atraso.

Para este mércores, ademais de esperarse choivas moi intensas, na Mariña prevense ventos de máis de 100 quilómetros por horapolo que se han cancelado as actividades no exterior dos seus centros escolares.

Foto: Coches no Cebreiro - Eliseo Trigo (EFE)

Na capital a choiva ofreceu unha tregua este mércores, o que provocou unha diminución do caudal do Miño ao seu paso pola cidade.

Un adeus otoñal sen tregua na provincia
comentarios