Adega alega á Xunta crear Reserva da Biosfera na Ribeira Sacra, do Courel e do Oribio

Sinala "graves impactos" e "ameazas na zona, en referencia ao novo parque eólico e dous novos "megaproyectos hidroeléctricos"
Montaje del parque eólico. EP
photo_camera Montaxe do parque eólico. EP

Adega e a Plataforma Salvemos O Iribio –que está integrada por máis de vinte organizacións– presentaron alegacións ao proxecto da Xunta de Galicia para crear a Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e do Courel, porque consideran que o goberno galego permite a execución nese territorio de proxectos que son incompatibles co coidado da contorna.

Ambas as organizacións apoian a proposta de declaración deses territorios como Reserva da Biosfera, pero coas súas alegacións pretenden "chamar a atención das administracións responsables sobre a necesidade de afrontar os graves impactos e ameazas que persisten e incluso se promoven neste territorio e que poden comprometer" a avaliación por parte da Unesco.

Fan referencia á construción dun parque eólico en plena Serra do Oribio, ao desenvolvemento de dous novos "megaproyectos hidroeléctricos" ou ao paso da autovía A-76 pola Ribeira Sacra.

"Consideramos preocupante que a Xunta de Galicia estea a utilizar unha figura de protección máis branda, como é unha Reserva da Biosfera, para compensar o seu desinterese e falta de vontade para ampliar a Rede Natura 2000 e aplicar o plan director neste territorio".

Recordan, nese sentido, que "a Xunta ten a obrigación de salvagardar os valores naturais e patrimoniais destes espazos, no canto de permitir e de ser cómplice da súa destrución". 

Comentarios