O 9,3% dos falecidos en accidente de tráfico en Lugo son motoristas

O 24% dos motoristas feridos necesitaron hospitalización na provincia lucense
photo_camera Un accidente de moto. EP

O 9,3% dos falecidos na provincia de Lugo en accidente de tráfico son motoristas. Os datos ofréceos Formaster, Asociación Profesional de Empresas Formadoras en Seguridade Viaria, en base ás últimas estatísticas de sinistralidade en estradas, e cualifícaos de preocupantes "".

Ademais, o 24% dos condutores de motocicletas ou de nbsp;ciclomotor&feridos necesitaron hospitalización en Lugo tras un accidente de tráfico. 

O accidente máis común no que se ve involucrado un motorista nas estradas españolas é a saída da vía ou caída, cun 38% dos sinistros, seguido da colisión frontolateral, cun 29%, e o alcance ou colisión traseira, co 11%.

En canto ás infraccións máis graves que cometen os motoristas, Formaster apunta que a máis común, que representa o 23% do total, é a velocidade inadecuada,  seguida das distraccións, cun 19%. A terceira das infraccións é, cun 17%, o incumprimento da prioridade en interseccións.

Para Formaster, estes datos reflicten a "falta de formación específica dos condutores de motos". E é que, por exemplo, o 29% dos motociclistas implicados nun accidente con vítimas en España conducía unha motocicleta de ata 125 cc, o que pode facerse con carné de turismo.

Por iso, a asociación considera que para poder conducir unha motocicleta, de calquera cilindrada, debería ser "obrigatorio ter o permiso de circulación de motos e pasar por unha formación específica en relación ás motos". E, engaden, o permiso B non ofrece o coñecemento práctico de como hai que conducir un vehículo de dúas rodas.

Comentarios