O 40% do test de droga ao volante feitos en abril en Lugo dan positivo

Realizáronse 17.360 probas de alcoholemia nas diferentes estradas da provincia

LUGO. Cerca do 40% das probas de drogas realizadas na provincia o pasado mes de abril polo subsector de Tráfico de Lugo resultaron positivas. En concreto, 185 condutores foron sometidos ao test para detectar o consumo de estupefacientes e 73 deron positivo.

levaron a cabo, ademais, un total de 17.360 probas de alcoholemia nas diferentes estradas da provincia e máis dun centenar tamén resultaron positivas. En concreto, unha trintena de condutores foron investigados como supostos autores de delitos contra a seguridade viaria e outros 86 foron propostos para sanción ante a Xefatura Provincial de Tráfico.

Dos condutores que deron positivo en alcoholemia, o 95% eran homes e o 5% restante, mulleres.

A franxa de idade con máis condutores positivos nos controis situouse entre os 45 e 54 anos.

Comentarios