A Xunta executará unha nova senda na LU-612 ao seu paso por Guntín

O seu obxectivo é mellorar a seguridade viaria da autovía mediante a separación física do tránsito de vehículos e de peóns.
Plano de las obras. XUNTA
photo_camera Plano das obras. XUNTA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, adxudicou as obras para a execución dunha nova senda na estrada LU-612 ao seu paso por Mougán, no concello lugués de Guntín, por 45.581 euros.

Esta actuación, adxudicada á empresa Isidro Hnos Blanco Trigo S.L., ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria da autovía mediante a separación física do tránsito de vehículos e do tráfico peonil, dando continuidade ao itinerario peonil existente.

A acción desenvolverase en dúas fases. A Xunta ten previsto iniciar as obras do primeiro deles nas próximas semanas.

Máis polo miúdo, nunha primeira fase construirase un novo itinerario ao longo de 175 metros e cun ancho de 1,8 metros no entorno da igrexa parroquial de Mougán.

Para iso procederase á demolición do pavimento actual para pavimentar os arcéns con 25 centímetros de grava e 15 centímetros de formigón armado con malla.

Tamén se colocará un bordo prefabricado de formigón de 22x15 centímetros e un bordo exterior de delimitación en toda a lonxitude da senda.

Antes da execución do pavimento está prevista a canalización da drenaxe e a execución de cinco arquetas con sumidoiros para a recollida de pluviais.

Ademais, está prevista a canalización do alumeado público coas súas correspondentes arquetas.

Comentarios