A Xunta cifra en máis dun millón de euros o seu investimento en Rábade en 2019

O PP local destaca o "compromiso" do Goberno galego en campos como os servizos sociais e o emprego 
José Manuel Balseiro.VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera José Manuel Balseiro.VITORIA RODRÍGUEZ

A Xunta cifra en máis dun millón de euros o montante dos seus investimentos en Rábade ao longo do 2019. Así llo trasladou este xoves o delegado territorial, José Manuel Balseiro, á portavoz municipal do PP, Remedios González Cabarcos, quen puxo en valor ese "compromiso" do Goberno galego co concello.

Remedios González destacou, entre outras partidas, os case 134.000 euros recibidos para o servizo de axuda no fogar, 103.000 do Fondo de Cooperación Local para varias obras, 415.000 para melloras no centro de menores Santo Anxo ou 145.000 en axudas do Igape a empresas da localidade.

Comentarios