A Xunta adxudica a mellora da estrada Friol-Palas

Ovisa executará a primeira fase do proxecto, que conta cun investimento de 2,1 millóns
Carretera LU-231. EP
photo_camera Carretera LU-231. EP

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade contratou a primeira fase da mellora da estrada que une Palas de Rei e Friol por 2,1 millóns de euros á empresa Ovisa. As tarefas comezarán na segunda quincena deste mes e terán un praxo de execución dun ano. A próxima semana pagáranse os depósitos previos e fáranse as actas de ocupación dos terreos pertinentes. A vía será reacondicionada en dúas fases para as que a Xunta redactou dous proxectos construtivos.

Dos 18,7 quilómetros totais que ten a vía, as obras van encamiñadas a mellorar os primeiros 9,4 kilómetros da estrada -8,9 situados no concello de Friol e 500 metros pertencentes a Palas de Rei-. Actualmente, a calzada tan só conta con 5 metros de ancho, polo que os carrís son estreitos e non contan con beiravías. Tras a mellora, a estrada será ampliada ata os 8 metros de ancho, permitindo a existencia de dous carrís de 3,5 metros e beiravías de 0,5 metros. Tamén se mellorará o trazado suavizando as curvas de menor radio.

Con esta actuación, confórmase o eixo norte-sur de mobilidade con prestacións axeitadas entre a autoestrada de Santiago (A-54), en Palas, coa do Noroeste (A-6). en Begonte, preto do seu enlace coa do Cantábrico (A-8).

Comentarios