
O terremoto tivo lugar ás 21.20 horas
Un pequeno terremoto de magnitude 2,7 sacudiu este martes a última hora o concello de Friol, segundo a información divulgada polo Instituto Xeográfico Nacional. O tremor rexistrouse ás 21.20 horas a dous quilómetros de profundidade.
Con eses valores, xeralmente os sismos non son perceptibles para a poboación e non producen danos.