lunes. 18.01.2021 |
El tiempo
lunes. 18.01.2021
El tiempo

Os traballos de restauración de San Xoán de Portomarín concluirán en decembro

Javier Arias, Román Rodríguez,  Juan Serrano e outras autoridades, este sábado en Portomarín. XESÚS Ponche
Javier Arias, Román Rodríguez, Juan Serrano e outras autoridades, este sábado en Portomarín. XESÚS Ponche
O conselleiro de Cultura revisou as obras, valoradas en 250.000 euros

A Xunta rematará a mediados de decembro as obras de restauración da igrexa de San Xoán de Portomarín, onde o Goberno autonómico inviste preto de 250.000 euros. Estas obras permitirán que o templo, un dos máis recoñecidos do Camiño Francés, quede en perfectas condicións de face ao Ano Santo. Así o avanzou onte o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na súa visita para supervisar os traballos, que encaran a súa recta final.

Rodríguez expresou o compromiso do Executivo galego coa conservación do patrimonio cultural, que se reforzará o ano próximo cun incremento do 19% dos orzamentos destinados a estas actuacións. No caso do templo de San Xoán de Portomarín efectuáronse nos últimos meses diferentes actuacións de reparación, restauración e conservación preventiva.

A intervención, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), resolveu diferentes problemas provocados pola filtración de humidades a través das cubertas e dos sistemas de evacuación de augas pluviais. Tamén se traballou na mellora da imaxe e decoro do monumento, coa limpeza da fachada, a restauración das portadas escultóricas e da vidreira do rosetón principal, a mellora da iluminación e a ocultración da instalación eléctrica. O proxecto prevé a substitución das reixas entre as almenas por un sistema que evite a entrada de aves no corredores baixo cuberta.

A igrexa de San Nicolás ou de San Xoán está declarada Ben de Interese Cultural (BIC), con categoría de monumento. Foi construída entre os séculos XII e XIII pola Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén. é un dos bens icónicos do Camiño Francés.

Os traballos de restauración de San Xoán de Portomarín concluirán...
comentarios