Torre de Núñez dobra a súa capacidade de produción no secadero do Corgo

A familia inviste 3,6 millóns de euros e unhas dependencias que permitirán almacenar máis de 450.000 pezas

Instalaciones de Torre Núñez. EP
photo_camera Instalacións de Torre Núñez. EP

LUGO. A empresa cárnica Torre de Núñez puxo en marcha xa a ampliación das súas instalacións de curado de xamón no Corgo. Esta mellora, que supuxo un investimento de 3,6 millóns de euros, permitirá á firma pasar das actuais 250.000 pezas en estancia a máis de 450.000.

O director xeral da empresa, José Manuel Núñez, asegurou que a intención é continuar coa ampliación. «O obxectivo é completar a instalación entre 2019 e 2020 cunha adega natural para 150.000 pezas máis e a sala de deshuesado e envasado para finalizar a produción de xamón», explicou.

«Deste xeito disporiamos de dous centros de traballo: Conturiz dedicado á elaboración de embutidos e O Corgo xamóns e produto loncheado», engadiu Núñez.

O director xeral explicou que a estratexia de futuro da firma baséase en tres alicerces. «Calidade, innovacion e internacionalización». Precisamente en canto á internacionalización, Núñez comentou que na actualidade «a exportación supón o 10% de volume de facturación da compañía», aínda que a intención é que «en catro ou cinco anos pase a supor o 20%» do negocio.

Torre de Núñez está presente en máis de 22 países entre a Unión Europea, Latinoamérica e Asia, e desde a empresa -que xera 105 postos de traballo- esperan pechar o presente exercicio con 25 millóns de euros en vendas.

Comentarios