domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Sorprendido un veciño de Sarria cando roubaba gasóleo dun camión no Corgo

Garrafones de gasóleo. ARQUIVO
Garrafones de gasóleo. ARQUIVO

O detido foi descuberto pola Garda Civil nas patacas: tiña no seu poder 150 litros de combustible

A Garda Civil detivo a pasada madrugada a un veciño de Sarria de 65 anos tras sorprendelo cando supostamente trataba de roubar gasóleo dun camión de mantemento de estradas que estaba estacionado na recta de Sabarei, no municipio lucense do Corgo. Segundo informou o instituto armado, os feitos sucederon ás 03.45 horas, cando a Garda Civil tivo coñecemento de que o ocupante dun turismo que se atopaba nas inmediacións podía estar a roubar gasóleo dos camións estacionados.

Unha patrulla de Seguridade Cidadá desprazouse ao lugar e atopou ao suposto ladrón nas patacas, mentres subtraía gasóleo do depósito do vehículo pesado, que presentaba danos no peche do tanque. Cando foi detido, tiña no seu poder 150 litros de gasóleo distribuído en garrafas.

Sorprendido un veciño de Sarria cando roubaba gasóleo dun camión no...
Comentarios