Senderistas rescatan unha aguia rateira ferida nunha leira do Corgo

Esta non foi a única ave que ingresou este mércores no centro do Veral, xa que durante a xornada recolleron unha cegoña e unha pomba
Un águila ratonera. RONALD HUIJSSEN
photo_camera Un águila ratonera. RONALD HUIJSSEN

Uns senderistas recolleron unha aguia rateira ferida na leira do complexo hostaleiro da Casa Grande da Fervenza, en O Corgo, cando efectuaban unha ruta polas beiras do río Miño. O animal non podía voar, polo que avisaron aos responsables do centro de recuperación de fauna salvaxe do Veral para que se fixesen cargo do mesmo.

O ave rapaz foi localizada cara ás 12.30 da mañá, segundo indicou unha empregada da Casa Grande da Fervenza, quen indicou que chamaron de inmediato ao Veral, "cuxos responsables nos aconsellaron metela nunha caixa e mantela nun sitio abrigado, polo que a tivemos nun local do complexo, ata que se procedeu á súa recollida, dúas horas despois".

Esta non foi a única ave que ingresou este mércores no centro do Veral, xa que durante a xornada recolleron unha cegoña e unha pomba.

Comentarios