Sanidade eleva as restricións en Castroverde, que pasa a nivel medio

A escalada de casos en nbsp;este concello&ten a súa orixe nun brote laboral e unha posterior festa de aniversario
Reunión del comité clínico. XUNTA
photo_camera Reunión do comité clínico. XUNTA

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19, acordou na súa reunión deste martes elevar as restricións no concello de Castroverde, que pasa a nivel medio xunto a Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio

A escalada de casos en Castroverde ten a súa orixe nun brote laboral e unha posterior festa de aniversario. Por mor diso, o Sergas realizou a pasada fin de semana un cribado ao que acudiron 320 persoas e que se saldou con cero positivos, o que confirma a súa estabilización. 

O resto de concellos galegos permanecen no nivel de restricións medio baixo. 

Todas as medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo sábado, 26 de xuño.

O comité reunirase de novo o&próximo nbsp;martes.

Comentarios