O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19, acordou na súa reunión deste martes elevar as restricións no concello de Castroverde, que pasa a nivel medio xunto a Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio
A escalada de casos en Castroverde ten a súa orixe nun brote laboral e unha posterior festa de aniversario. Por mor diso, o Sergas realizou a pasada fin de semana un cribado ao que acudiron 320 persoas e que se saldou con cero positivos, o que confirma a súa estabilización.
O resto de concellos galegos permanecen no nivel de restricións medio baixo.
Todas as medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo sábado, 26 de xuño.
O comité reunirase de novo o&próximo nbsp;martes.