Unha saída de vía no corredor no Corgo sáldase cun ferido leve

Outra pesona resultou ilesa

Coche accidentado en O Corgo. EP
photo_camera Coche accidentado no Corgo. EP

Un accidente de circulación rexistrado pouco antes das nove e media da mañá no corredor que une Nadela e Sarria saldouse cunha persoa ferida leve e outra ilesa.

O turismo no que viaxaban ambas saíu da vía á altura do quilómetro 11,400 do CG 2.2, no municipio do Corgo, e impactou contra a barreira varanda.

Ata o lugar do sinistro desprazouse unha patrulla do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo.