Rouban varias ferramentas nun taller de Friol valoradas nuns 5.500 euros

Os ladróns entraron tamén na casa parroquial de Escairón para levar unha ducia de botellas de licor

Taller. EP
photo_camera Taller. EP

Un taller mecánico de Friol sufriu un roubo con forza valorado en 5.500 euros. Ao parecer, os ladróns entraron pola parte de atrás do establecemento e levaron ferramentas que suman un valor estimado á cantidade mencionada.

O asalto tería lugar hai uns días nun taller, especializado en rodas. Os asaltantes, tras irromper no negocio, levaron obxectos talles como pistolas neumáticas, distintos tipos de chaves e ferramentas que se atopaban no local.

ROUBO EN ESCAIRÓN. Os amigos do alleo tamén fixeron esta semana unha parada na casa parroquial de Escairón, no termo municipal do Saviñao. O domicilio, situado á beira da igrexa, non conta en actualidade con ningún sacerdote aloxado e os cacos aproveitaron iso para acceder ao inmoble e facerse cunha ducia de botellas de licor.

Os ladróns sacaron partido de que a casa está apartada para acceder ao interior do edificio por unha fiestra da parte traseira e levar os envases de licor.

Comentarios