lunes. 09.12.2019 |
El tiempo
lunes. 09.12.2019
El tiempo

Rouban dous todoterreos dun despezamento no Corgo

Os ladróns entraron por unha das fiestras e forzaron desde dentro as fechaduras para saír

Os ladróns roubaron dous coches todoterreo nun despezamento situado na localidade do Corgo. O roubo produciuse durante a madrugada do xoves ao venres, cando os amigos do alleo lograron acceder ás instalacións do negocio corgués para levar os dous automóbiles. 

Ao parecer, os saqueadores entraron por unha fiestra no despezamento, e unha vez dentro, romperon as fechaduras da porta desde a parte interior do lugar onde estaban os vehículos. 

Os todoterreos que subtraeron deste negocio do Corgo atopábanse en perfecto estado, xa que formaban parte da colección de coches de compravenda do despezamento. 

Os donos do garaxe coñeceron a noticia durante a noite deste venres, xa que a Garda Civil deu o aviso de que as portas do despezamento estaban abertas. 

PRIMEIRO ROUBO. Este foi o primeiro roubo que sufriron os propietarios do negocio, quen recoñeceron que durante o día de onte a xornada no despezamento non puido transcorrer con normalidade debido ao impacto e ao "susto" causado polo incidente, que foi recollido polas cámaras de seguridade instaladas no local.

Rouban dous todoterreos dun despezamento no Corgo
Comentarios