O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou en madrugada deste martes un terremoto en Outeiro de Rei. Tal e como recolle o IGN, o sismo foi concretamente ás 2:11 e a súa magnitude foi de 2,7.
Pouco despois tamén se rexistraron dous movementos sísmicos de magnitudes 3,3 e 3,4 con epicentro en Gomesende (Ourense).
Así o informa o 112 Galicia que precisa que no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiron chamadas que alertasen dos terremotos.
Por outra banda, explica que, segundo os datos facilitados a este servizo, os tremores tiveron lugar ás 05.31 e 05.33 horas, recolle no parte de incidencias desta xornada.