Rexistrado en Castroverde un pequeno sismo de 2,8 graos

O tremor produciuse apenas 24 horas despois de que se detectase outro en Becerreá
Epicentro del temblor. IGN
photo_camera Epicentro do tremor. IGN

O municipio de Castroverde rexistrou uns minutos antes das cinco da madrugada do pasado domingo un pequeno sismo de 2,8 graos de magnitude, que non foi sentido pola poboación.

Este movemento sísmico produciuse apenas 24 horas despois de que o Instituto Xeográfico Nacional detectase outro en Becerreá. Neste caso, o terremoto produciuse ás doce e media da noite do sábado cunha intensidade de 2,4 graos.

Do mesmo xeito que o anterior, tampouco consta que este tremor fose sentido polos veciños.

Comentarios