Rescatan en Castroverde a un can malferido

Deambulaba polas pistas cunha soga de plástico incrustada no pescozo
El perro rescatado en Castroverde. EP
photo_camera El perro rescatado en Castroverde. EP

A Protectora de Animais rescatou a un can malferido que levaba semanas deambulando polas pistas do municipio de  Castroverde cunha soga de plástico incrustada no pescozo.

O presidente desta sociedade, Alberto Losada, fai un chamamento aos cidadáns para que se ven un can en malas condicións alerten canto antes aos servizos de urxencias para que poidan auxilialo. "Os malos tratos animais pode selo, ademais de por acción, por omisión, pois se vemos situacións como esta e non facemos nada somos unha parte implicada nestes malos tratos", afirma Alberto Losada.

O can, un cruzamento de pastor alemán duns oito anos de idade, presentaba un profundo corte no pescozo, en carne viva, que estaba infectado. 

Unha veciña de Castroverde contactou o pasado xoves coa Protectora para dar conta do mal estado en que se atopaba un can que deambulaba desde "hai varios meses" polas pistas deste municipio.

A soga de plástico que deixou malferido ao can. EP
A soga de plástico que deixou malferido ao can. EP

Un lacero desta sociedade localizaba ao cruzamento de pastor alemán ferido o venres nas proximidades da parroquia de Goi, en Castroverde.

O persoal da Protectora levou ao can a unha clínica veterinaria para que lle fixesen as curas e que lle administrasen antibióticos para frear a infección que padecía. 

O can, que segue a tratamento veterinario, recupérase no albergue da Protectora en Muxa (Lugo). Ao animal bautizáronlle co nome de Goi, en recordo do lugar onde foi achado.

Comentarios