Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

A reparación da estrada entre O Páramo e Portomarín custará 172.000 euros

Derrube na estrada LU-613, no Páramo. EP
Derrube na estrada LU-613, no Páramo. EP

O Consello da Xunta deu este xoves o visto e prace á obra

O Consello da Xunta deu visto e prace ao informe da Consellería de Infraestruturas sobre a declaración como obra de urxencia da reparación da estrada autonómica LU-613 entre os concellos do Páramo e Portomarín, a través dun investimento duns 172.000 euros.

O derrubamento dun muro no quilómetro 1+050 desa estrada no núcleo de Pedrouzos, a consecuencia das intensas choivas a comezos de xullo, obrigou a cortala e a establecer desvíos alternativos.

Para solucionar a situación, á que contribuíu a escasa capacidade de desaugadoiro da obra de drenaxe trasversal, a consellería acordou tramitar como unha obra de urxencia a reparación dos danos.

Por outra banda, o Goberno autonómico, na súa reunión semanal, aprobou tamén este xoves a transferencia ao Consistorio de Begonte da estrada provincial LU-P-0803, do alto de Gaibor á feira de Barrazoso.

A reparación da estrada entre O Páramo e Portomarín custará 172.000...
Comentarios