A Rapa das Bestas de Friol volveu con renovado brío e convocou a unha multitude

Houbo curta de crines, carreiras ecuestres e unha comida popular no curro, onde se concentraron uns sesenta cabalos 
Rapa das Bestas de Friol
photo_camera Rapa das Bestas de Friol. EP

A Rapa das Bestas de Friol regresou con renovados bríos tras dous anos sen celebrarse. O evento, organizado pola comunidade de montes veciñais de Carballo, en colaboración co Concello, reuniu a centenares de persoas no Curro das Bestas, onde se concentraron uns sesenta cabalos. Os asistentes puideron presenciar desde primeira hora da mañá o espectáculo de corte de crines aos exemplares. Tamén houbo carreiras nas modalidades de galope, con exemplares de raza cruzada e pura, así como exhibicións de andaina serrada e chapeada. A organización repartiu 800 euros en premios entre os mellores xinetes.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, destacou o esforzo dos veciños para organizar un encontro festivo singular, que busca a recuperación do cabalo de pura raza galega.

Comentarios