Rábade atrae ata a localidade por centos de afeccionados ao futbolín

O evento congrega no IES Río Miño a máis de 400 xogadores

Máster de Futbolín de Rábade. J.VÁZQUEZ
photo_camera Máster de Futbolín de Rábade. J.VÁZQUEZ

O Máster de Futbolín de Rábade, que congrega no IES Río Miño a máis de 400 xogadores, arrincou este xoves con partidas da modalidade infantil e da combinada con parellas cegas.

Este venres continúa a competición coas modalidades en parado e feminina, e este sábado será a quenda da categoría en movemento.

A partir das 21.00 horas disputaranse as finais e, a continuación, entregaranse os galardóns.

Organizan o club Bóla Meiga e colaboran Concello, Deputación e negocios locais.

Comentarios