Queixas en Castroverde por obstáculos sobre as beirarrúas

Veciños de Castroverde mostraron o seu malestar polo estado de abandono que presentan algunhas cabinas telefónicas e outras estruturas similares que supoñen verdadeiros obstáculos para os peóns que circulan polas beirarrúas.

Estes veciños denuncian con fotografías como algunhas cabinas telefónicas acumulan lixo no seu interior e, noutro caso, un antigo punto de venda da Once supón un perigo no caso de que un viandante choque con el.

Os veciños tamén se queixan de que algún comercio invada a beirarrúa con estruturas metálicas para expoñer os seus produtos.

Comentarios