jueves. 27.02.2020 |
El tiempo
jueves. 27.02.2020
El tiempo

A poxa e o concurso de Adai reúnen este sábado 130 cabezas de rubia galega

Felipe Labrada e César Dorado, na presentación da feira. EP
Felipe Labrada e César Dorado, na presentación da feira. EP

A feira xuntará por centos de gandeiros de toda Galicia e de fóra dela. A organización prevé altas cotizacións

O recinto gandeiro de Adai (O Corgo) acollerá este sábado un total de 130 cabezas de gando de raza rubia galega, que tomarán parte na 32ª edición da poxa nacional e no 91º concurso nacional. O evento foi presentado polo presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga), César Dorado, e o alcalde do Corgo, Felipe Labrada.

Esta nova edición da feira volverá reunir centos de gandeiros procedentes tanto de toda Galicia como de fóra da comunidade. Ademais, tanto Dorado como Labrada coincidiron en sinalar que esperan tanto alta participación como boas cotizacións.

Neste sentido, César Dorado mostrouse convencido que o evento continuará contando "co apoio deste Concello", de cuxo novo alcalde destacou a súa experiencia como concelleiro e a súa profesión, "un gandeiro coma nós".

CONCURSO. No concurso nacional participarán 101 animais, repartidos nas categorías de sementais de máis de 26 meses; xatos de 14 a 26; becerros de 8 a 14; vacas paridas de máis de 42 meses; novelas de 18 a 42; becerras ata 18 meses e machos e femias de menos de 8 meses.

O prezo de saída será de 1.800 euros
O prato forte da feira será a poxa, que se iniciará ás 12.00 horas do sábado. A ela presentaranse nove novelas preñadas da Granxa Gayoso Castro, que terán un prezo de saída de 1.800 euros. Tamén levarán catro machos, cuxo prezo está por determinar. Como é habitual, Caixa Rural ofrecerá axudas á compra de 200 euros para as femias e 300 para os machos.

Ganderías
As ganderías privadas presentarán á poxa un total de 12 reses, 7 machos e 5 femias.

A poxa e o concurso de Adai reúnen este sábado 130 cabezas de rubia...
Comentarios