Portomarín dedica unha árbore a cada un dos seus escolares

photo_camera A plantación das árbores en Portomarín. EP

Varias zonas verdes de Portomarín contan desde esta fin de semana con 31 novas árbores, en cuxa plantación colaboraron o Concello e a Ampa do Ceip Virxe da Luz. Contribuirán a mellorar a estética da vila pero, ademais, serviron para homenaxear os nenos do municipio.

Segundo explica o alcalde, Juan Serrano, cada árbore foi bautizada co nome dun alumno do colexio (hai 31 en total). Así, ao pé dos arces, prunus, acivros e rododendros púxose unha pedra con eses nomes gravados.

"É o noso desexo que embelezan o pobo cada un coa súa singularidade, que cheguen á súa plenitude ao igual que os nosos nenos", resume o rexedor.

Comentarios