Tres persoas, imputadas no Corgo por lesións e ameazas de morte

Os sucesos producíronse no lugar de Maceda o pasado 10 de maio
Agentes de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Agentes de la Guardia Civil. AEP

Tres persoas foron imputadas como investigadas por delitos de lesións por mor dun altercado que se produciu no municipio lucense do Corgo e a un dos sospeitosos a Garda Civil atribúelle tamén un suposto delito de ameazas de morte.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o suposto altercado entre veciños produciuse o pasado 10 de maio no lugar de Maceda, no municipio lucense do Corgo.

Tras a correspondente investigación, axentes da Garda Civil imputan a un veciño de 21 anos como autor dun delito de lesiones e ameazas de morte.

Outros dous homes, de 29 e 40 anos de idade, foron imputados por senllos delitos de lesións.