Na mañá deste venres, ao redor das 10.20 horas, rexistrouse un accidente de tráfico en Outeiro de Rei no que unha persoa resultou ferida.
O suceso, unha colisión por alcance entre dous turismos con posterior saída de vía dun deles, produciuse na N-VI, á altura do pk 511,300.