Catro persoas, dúas delas menores, evacuadas tras sufrir un accidente en Guntín

Un particular avisou á central de urxencias de que unha furgoneta chocara contra a mediana da autovía e que ninguén saíra do vehículo
Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Una ambulancia del 061. ARCHIVO

Catro persoas, dous adultos e dous menores, tiveron que ser evacuadas este xoves ao resultar feridos logo de sufrir un accidente de tráfico en Guntín.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao fío das 16.30 na A-54, en Entrambasaugas. A esa hora, un particular chamou á central de urxencias para avisar de que unha furgoneta chocara contra a mediana da autovía e que ninguén saíra do vehículo.

Seguidamente, os xestores do 112 pasaron o aviso ao 061, aos bombeiros de Chantada e ao GES de Monterroso. Do mesmo xeito, foron avisados os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia a evacuación dos catro feridos en ambulancia.