Falece un home ao caer un camión con explosivos desde unha ponte en Portomarín

El conductor, de 41 años, fue trasladado herido al Hula ►La empresa propietaria retira los cartuchos y detonadores

Efectivos da Garda Civil inspeccionan os restos do camión sinistrado en Portomarín. EPA saída de vía dun camión rexistrada na mañá deste mércores saldouse cunha persoa falecida e outra ferida no termo municipal de Portomarín. O ferido é o condutor, veciño da Coruña. O falecido, de 42 anos e veciño de Ferreira de Pantón, viaxaba como acompañante.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar uns minutos antes das 9.00 horas deste mércores na estrada LU-633, que vai de Portomarín ao alto do hospital. O vehículo saíuse da vía e caeu por un desnivel.

As mesmas fontes puntualizaron que a carga do camión, explosivos para as obras da A-54, non resultou afectada. Foron mobilizados o 061, os Bombeiros de Chantada, GES de Monterroso, Garda Civil e Protección Civil. 

Restos do camión sinistrado en Portomarín. EP.jpegTamén acudiron ao lugar efectivos dos Tedax, xa que transportaba cartuchos de goma-2, un tipo de dinamita, con destino a unha canteira, que, en parte, quedaron esparexidos por unha zona boscosa ao caerse polo viaduto onde se saíu da vía. O vehículo envorcou e quedou "coas rodas para arriba".

Ata a zona desprazouse unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, un helicóptero medicalizado e persoal sanitario do centro de saúde de Portomarín, que asistiron ao sobrevivente e trasladárono ata o Hula. O acompañante faleceu no punto e o seu corpo permaneceu temporalmente no interior do vehículo á espera da retirada dos explosivos. Para a súa liberación foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Chantada.

RETIRADA DOS EXPLOSIVOS. Entre tanto se cortou o tráfico na zona e estableceuse un perímetro de seguridade. As tarefas para retirar os explosivos do camión avanzan e ao lugar desprazáronse uns guindastres para colaborar nas tarefas. 

A Garda Civil de Lugo, pola súa banda, abriu unha investigación en relación ás circunstancias deste accidente de tráfico.