Patrimonio dous Ancares denuncia agresións a dous petróglifos en Friol

Un atopouse cuberto de pedras, o  outro "simplemente desapareceu"
Rocas depositadas sobre el petroglifo de Monte de Lamas. EP
photo_camera Rocas depositadas sobre o petróglifo de Monte de Lamas.

A asociación Patrimonio dos Ancares denuncia agresións a dous conxuntos de petróglifos na parroquia de Guimarei, en Friol. Recalca que están catalogados pola Xunta desde 1997 e teñen a máxima protección legal, ao estar considerados Bens de Interese Cultural (BIC).

Segundo o presidente do colectivo, Xabier Moure, o primeiro elemento patrimonial danado, coñecido como o petróglifo de Monte de Lamas, foi cuberto de pedras ao acondicionarse o terreo como pasteiro. Detalla que "estaba composto por máis de 20 cazoletas unidas por trazos curvos e rectos, coviñas rodeadas por un círculo e dúas cruces, unha sinxela e outra cos brazos rematados en lóbulos". Denuncia que tras sufrir esa agresión "só vese unha mínima parte das gravuras".

O segundo, situado a 400 metros do anterior e coñecido como o petróglifo do Campo da Feira, "simplemente desapareceu", quéixase Xabier Moure, que achaca ese feito ao acondicionamento do terreo como pasteiro. "Estaba composto por gran cantidade de cazoletas unidas por trazos rectilíneos e curvos e motivos cuadrangulares", indica.

Tras aclarar que non teñen nada en contra de que se acondicionen terreos para uso agrogandeiro, desde o colectivo lamentan que se comentan estas agresións". "Unhas rochas que apenas ocupan uns poucos metros cadrados non van entorpecer en absoluto dita actividade", subliña Moure.

Comentarios