Outros tres mozos fóxense do centro de menores Santo Anxo de Rábade

Os adolescentes saltaron o valo e botaron a correr

LUGO. Tres mozos fuxíronse este domingo do centro de menores Santo Anxo de Rábade. Ao parecer, a fuxida produciuse pola tarde, cando os adolescentes botaron a correr e saltaron o valo abandonando as instalacións.

A Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Nacional traballan na localización destes internos, que a última hora da tarde deste luns non regresaran ao colexio.

Trátase da segunda fuga de que se produce no centro de Rábade nos últimos días. Sen ir máis lonxe, o mércores pasado outros oito menores escapáronse das instalacións e regresaron días máis tarde.

Ante esta situación continuada de fugas desde a Consellería de Política Social, entidade da que depende o Santo Anxo, explicaron que se trata dunha institución «aberta» para menores con trastornos de conduta, pero sobre os que non recaen medidas legais.

Comentarios