A Oficina do Censo Electoral invalida 15 altas polémicas en Rábade

A Oficina do Censo Electoral (Oce) invalidou 15 inscricións en Rábade despois de que o Partido Socialista da localidade e os independentes liderados polo rexedor Francisco Fernández Montes impugnasen o censo para as próximas eleccións municipais.

A Oce explicou que, tras as investigacións realizadas, 15 persoas que se deron de alta non residen no municipio ou non puideron verificar a súa residencia. Deste xeito, a oficina devolve os implicados á súa anterior circunscrición electoral, polo que non poderán votar en Rábade nos comicios locais.

Comentarios